
XESTREU é unha fusión de cinco formas diferentes de pensar, de sentir, coas achegas persoais de cada unha…. Isto é o que nos define…Do que escoitamos ao que cantamos hai unha viaxe, todo un proceso de adaptación e transformación.
O resultado é ese toque persoal XESTREU.
As pezas chegan ao grupo pola indagación de cada unha, dos propios gustos, pola doazón desinteresada de amigos e sobre todo grazas as mulleres que cantan aínda na nosa terra. As nosas fontes son esas persoas anónimas de cada pobo, híbrido de canto tradicional e popular. Esas xentes que nos cantan e nos ensinan máis ca unha cantiga.
Gústanos aprender das culturas do mundo, coñecer ás súas tradicións e formas de vivir.
XESTREU afonda na recollida, adaptación e interpretación das cantigas dos diferentes pobos do mundo. Rachando coas fronteiras e cos prexuizos incorpora os cantos dos pobos á súa forma de entender a música.
Queres viaxar con nós?
GALICIA, PORTUGAL, UCRAINA, PIAMONTE ITALIANO, MEXICO, CULTURA CHEROKEE, CULTURA SEFARDÍ, MAGREB, FLANDES, MACEDONIA, CERDEÑA
Dende o seu nacemento ata hoxe XESTREU ten actuado nas principais vilas galegas, Portugal, distintas provincias españolas, programas de televisión (Luar, Bamboleo, A Solaina…) Radios, Festivais (de Ortigueira, da Luz…) , Fiadeiros populares, Certames de música coral e encontros musicais en xeral, eventos solidarios e colaboracións con diferentes artistas.

1. TRENZA (Tradicional Galicia. Taboadela)
2. MULATINHAS (Tradicional Portugal. Alentejo)
3. PANDEIRO (Tradicional Galicia. A Coruña)
4. EL TACONAZO (Tradicional México)
5. ADÍO (Tradicional Sefardí)
6. ATURUXOS (Tradicional Galicia. Liñares. Avión)
7. STO MI E MILO (Tradicional Macedonia)
8. NABINA (Tradicional Magreb)
9. O MUÍÑO (Tradicional Galicia. Liñares. Avión)
10. MARISHKO (Tradicional Ucraína)
11. CAROLINA (Tradicional Galicia)
O PANDEIRO
Disco
se queres mercar o noso disco «Non me toques a saia!» envíanos un correo
GALERÍA
VÍDEOS
CONTACTA CON NÓS
T. 609 442 499 | xestreu5@gmail.com