XESTREU é unha fusión de cinco formas diferentes de pensar, de sentir, coas achegas persoais de cada unha…. Isto é o que nos define…Do que escoitamos ao que cantamos hai unha viaxe, todo un proceso de adaptación e transformación.

O resultado é ese toque persoal XESTREU.

As pezas chegan ao grupo pola indagación de cada unha, dos propios gustos, pola doazón desinteresada de amigos e sobre todo grazas as mulleres que cantan aínda na nosa terra. As nosas fontes son esas persoas anónimas de cada pobo, híbrido de canto tradicional e popular. Esas xentes que nos cantan e nos ensinan máis ca unha cantiga.

Gústanos aprender das culturas do mundo, coñecer ás súas tradicións e formas de vivir.

XESTREU afonda na recollida, adaptación e interpretación das cantigas dos diferentes pobos do mundo. Rachando coas fronteiras e cos prexuizos incorpora os cantos dos pobos á súa forma de entender a música.

Queres viaxar con nós?

GALICIA, PORTUGAL, UCRAINA, PIAMONTE ITALIANO, MEXICO, CULTURA CHEROKEE, CULTURA SEFARDÍ, MAGREB, FLANDES, MACEDONIA, CERDEÑA

Dende o seu nacemento ata hoxe XESTREU ten actuado nas principais vilas galegas, Portugal, distintas provincias españolas, programas de televisión (Luar, BamboleoA Solaina…) Radios, Festivais (de Ortigueira, da Luz…) , Fiadeiros populares, Certames de música coral e encontros musicais en xeral, eventos solidarios e colaboracións con diferentes artistas.

1. TRENZA (Tradicional Galicia. Taboadela)

2. MULATINHAS (Tradicional Portugal. Alentejo)

3. PANDEIRO (Tradicional Galicia. A Coruña)

4. EL TACONAZO (Tradicional México)

5. ADÍO (Tradicional Sefardí)

6. ATURUXOS (Tradicional Galicia. Liñares. Avión)

7. STO MI E MILO (Tradicional Macedonia)

8. NABINA (Tradicional Magreb)

9. O MUÍÑO (Tradicional Galicia. Liñares. Avión)

10. MARISHKO (Tradicional Ucraína)

11. CAROLINA (Tradicional Galicia)

Disco

10€

Camiseta

8€

Disco+camiseta

15€

se queres mercar o noso disco e a camiseta “Non me toques a saia!” envíanos un correo

PRÓXIMOS CONCERTOS

 

No hay próximos eventos.

 

Concertos pasados

Lamalonga

Data: 13 agosto, 2017

Lugar: A Veiga do Bolo - Ourense

Romería Brava

Data: 9 septiembre, 2017

Lugar: Coles - Ourense

Lumeirada

Data: 16 septiembre, 2017

Lugar: Río Deba - Pontedeva

Certame de Música Tradicional Limiar

Data: 29 septiembre, 2017

Lugar: Teatro Principal - Ourense

A Repichoca

Data: 30 septiembre, 2017

Lugar: Orillamar - A Coruña

A Corte dos Bois

Data: 7 octubre, 2017

Lugar: A Corte dos Bois - Sandiás - Ourense

GALERÍA

VÍDEOS

CONTACTA CON NÓS

T. 609 442 499  |  xestreu5@gmail.com